Un recepcionista que colle o teléfono do teu restaurante

Contesta as chamadas e os WhatsApp do teu negocio a calquera hora, resolve dúbidas e deixa a reserva feita, cos datos do teu local.

O que che quita de enriba

  • Nin unha chamada sen contestarEn pleno servizo, co local cheo ou fóra de horario: sempre hai alguén ao outro lado.
  • As mesas que se ían a outro sitio quedan contigoQuen non consegue falar con ninguén reserva no restaurante do lado. Co teléfono atendido, esa reserva é túa.
  • Ti, ao teuNon tes que parar a cociña nin a sala para coller o teléfono e anotar unha reserva á man.
  • Todo queda anotadoCada chamada e cada chat quedan gardados: que preguntou o cliente, que se lle respondeu e en que acabou.

Como funciona

  1. Cóntalle o teu negocioResponde co que pos na ficha do teu local: horario, carta, mesas e normas. Non hai que adestralo á man.
  2. Conéctao ao teu teléfono e ao teu WhatsAppOs teus clientes chaman e escriben ao teu negocio e sempre hai alguén que contesta. Axudámosche a deixar o número listo.
  3. Atende e avísateContesta, deixa a reserva feita e avísate. Confirmas ou cancelas desde o móbil cun botón.